Farmacéuticos alertan sobre o uso de antibióticos sen prescripción médica
Calculan que entre un 10 e un 25% dos seus clientes se automedican.
Farmacéuticos coruñeses levarán a cabo este mes unha campaña para informar sobre os efectos do "uso indebido" de antibióticos, segundo informaron na presentación desta iniciativa na sede da entidade colexial.
Coincidindo coa súa presentación, subliñaron que, segundo unha enquisa realizada na provincia da Coruña, entre un 10 e un 25% dos seus clientes se automedican con antibióticos. "Toman medicamentos que quedaron porque xa llos receitaron cando o antibiótico debe prescribilo sempre o médico", subliñou o presidente do Colexio de Farmacéuticos da Coruña, Héctor Castro.
Sobre a campaña, explicou que leva a cabo para incidir no "bo uso" dos antibióticos "xa que se detectou a nivel mundial a existencia de máis complicacións porque as bacterias fanse máis resistentes aos tratamentos".
"Iso non significa unha prescrición errónea, senón que o problema está no uso", indicou, apuntando tanto á utilización destes antibióticos a nivel humano como veterinario e aos problemas que xera unha mala utilización na súa efectividade.
CAMPAÑA
Por iso, explicou que, do 14 ao 20 de novembro, e coincidindo coa Semana Mundial de Concienciación sobre o Uso dos Antibióticos, levarán a cabo unha campaña que incluirá a repartición de 550 carteis nas farmacias da provincia; 165.000 bolsas de papel con consellos, ademais de formación específica a estes profesionais.
Con motivo da presentación desta campaña, remarcouse que, segundo a Axencia Europea do Medicamento, as bacterias multiresistentes están asociadas na Unión Europea a unhas 25.000 mortes e 1.500 millóns de euros de custo económico extra por ano.
Escribe tu comentario