A Xunta non ten comunicación "formal" de ningún expediente en Ferroatlántica
Ante a posibilidade de que a compañía venda parte do negocio enerxético, Feijóo garantiu que "o principal obxectivo da Xunta é e será manter os postos de traballo".
O presidente da Xunta en funcións, Alberto Núñez Feijóo, asegurou que a Administración galega non ten comunicación "formal" de ningún "expediente" de Ferroatlántica, en relación á situación das súas fábricas de ferroaleacións de Dumbría e Cee e das centrais hidroeléctricas dos ríos Xallas e Grande.
"A empresa, que eu saiba, non presentou ningún expediente formalmente e a Administración pública non dialoga, fala co dereito administrativo, que é escrito", manifestou, tras preguntar pola posibilidade de que a compañía (do Grupo Villar Mir) venda parte do negocio enerxético.
Dito isto, garantiu que o "principal obxectivo" da Xunta "foi e será" manter os postos de traballo nas plantas galegas.
Non en balde, recoñeceu a importancia da actividade industrial do centro de Cee na comarca. "Para nós ten un enorme interese, veremos que propón a empresa, pero o obxectivo do Goberno galego é manter os postos de traballo", resolveu.
Escribe tu comentario