#Claves de la semana

​A Deputación de Ourense asina un convenio de colaboración co Liceo

Manuel Baltar e Xabier Casares veñen de asinar un convenio de colaboración entre ambas entidades para "seguir potenciando o papel protagonista do Liceo no ámbito cultural da provincia". 


|

Firmaliceoourensebaltarcasares


O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e o presidente do Liceo, Xabier Casares, veñen de asinar un convenio de colaboración entre ambas entidades segundo o cal a Deputación achega un total de 25.000 euros para cooperación da institución provincial na programación cultural, literaria, artística e deportiva así como nos gastos de funcionamento desta sociedade cultural.


O presidente da Deputación de Ourense dixo que para o goberno provincial "supón unha honra e unha satisfacción esta alianza cun emblema cultural da nosa provincia, como é o Liceo de Ourense, para seguir colaborando e potenciando o papel protagonista que esta entidade ten na provincia de Ourense".


Baltar explicou que o Liceo, "que mantén viva a chama cultural de Ourense", cumpre 166 anos desde a súa fundación como Liceo Recreo de Artesáns, "e a Deputación de Ourense, que tamén afonda na cooperación en materia cultural e artística, non podía menos que colaborar cunha entidade tan senlleira".


Pola súa parte, Xabier Casares agradeceu o apoio da institución provincial e dixo que o Liceo naceu "coa vocación de estar sempre presente nas actividades culturais e sociais da sociedade ourensá e, nese aspecto, estamos abertos á colaboración de todas as entidades que queiran ter un achegamento ao Liceo". "Trátase –engadiu Casares- de facer proxectos que vaian en beneficio de Ourense e da súa provincia, que é onde se enmarca o convenio que asinamos hoxe coa Deputación, o cal nos vai permitir realizar un maior traballo na defensa da cultura da provincia de Ourense".


O Liceo de Ourense, con 700 socios actualmente, é unha sociedade cultural fundada en 1850, sendo desde entón un lugar de referencia na vida social e cultural de Ourense, con actividades que congregan anualmente a máis de cincuenta mil persoas. Casares detallou que no que vai de ano "o Liceo organizou xa 300 actos culturais".

relacionada Xornadas de Viño e Cultura no Liceo de Ourense
relacionada Xurxo Alonso, é o gañador do XXXII Premio de Poesía Cidade de Ourense
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE