'Tarxetas black' en gasolineiras galegas
Oito estacións de servizo bautizan con ese peculiar nome un proxecto de fidelización de clientes.
Varias estacións de servizo galegas poñen en marcha un proxecto común de fidelización de clientes coa que bautizaron como 'tarxeta black'. Gasolineiras de Vigo, Sanxenxo, Lalín, A Guarda, Poio e Baiona repártenas xa entre os seus usuarios.
Con este cartón, os clientes accederán a descontos exclusivos en carburante e tamén participarán noutras promocións, como sorteos de viaxes ou en xogos de azar interactivos cos que se reparten diferentes agasallos.
Os seus promotores destacan que se trata dun cartón "cun compoñente social", xa que as estacións de servizo adheridas xa traballan para poñer en marcha iniciativas solidarias apoiando a diferentes persoas e colectivos.
O programa, xestionado por Clicua, unha peme galega especializada en dinamización comercial e fidelización de clientes para cadeas e franquías, atópase en fase de expansión.
A súa acollida está a ser "moi positiva", segundo sinalan, "principalmente por dous factores: a delimitación dunha área de exclusividade para cada gasolineira e un modelo pensado para atraer o tráfico de clientes ao resto de servizos que ofrece a estación de servizo, como lavados, tenda ou cafetería, entre outros".
Escribe tu comentario