#Claves de la semana

​Sada dá exemplo de "transparencia"

O concello decide sacar a concurso público contratos menores que se adoitan adxudicar sen este trámite.


|

Carreteraasfaltado


O Concello de Sada (A Coruña) decidiu sacar tamén a concurso público cinco contratos menores --que se adoitan adxudicar tras solicitar orzamentos a varias empresas-- para "unha maior transparencia".

Segundo informa o goberno local, búscase así unha maneira de licitar "máis aberta á empresas, dándolle unha maior publicidade, o que supón unha maior transparencia nas contratacións públicas".

Así, o goberno local incluíu na web municipal (sada.gal) a sección licitacións onde ademais de poder acceder ao perfil do contratante, que xa estaba activo, pódense ver tamén as licitacións de contratos menores.

As obras que o Concello saca a licitación suman un investimento municipal de 110.000 euros para a pavimentación de viarias ante o Pazo de Meirás, do camiño de Soutilo en Veigue, do Galo no Seixo e do camiño de Vista Alegre-Osedo, así como melloras en pluviais en Piñeiro.

relacionada ​O Órgano de Transparencia da Xunta móstrase opaco coa sanidade
relacionada Os concellos galegos "suspenden en transparencia"
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE