Sobe o prezo da vivenda de segunda man
Experimentou unha subida do 0,6% no terceiro trimestre a respecto do segundo, e sitúase de media nos 1.416 euros por metro cadrado.
O prezo da vivenda de segunda man incrementouse un 0,6% no terceiro trimestre en Galicia respecto dos tres meses anteriores, ata 1.416 euros por metro cadrado, aínda que hai unha caída interanual do 2,3%.
Así se recolle no último informe de Idealista, que estuda unha mostra de máis de 19.000 vivendas galegas entre os meses de xullo e setembro.
Pontevedra segue cos prezos máis elevados da Comunidade, con 1.519 euros por metro cadrado. Séguelle A Coruña (1.447 euros), Ourense e Lugo (1.052 euros).
En concreto, A Coruña e Pontevedra soben os seus prezos respecto dos tres meses anteriores, cun avance do 1,1% e 0,3% respectivamente. No outro extremo, en Ourense descenden un 2,5% e en Lugo un 1%.
Escribe tu comentario