#Claves de la semana

​Villares almorza cos traballadores de Seaga acampados en San Caetano e promete "dignidade"

En Marea comprométese a impulsar unha "política de monte activo que dure todo o ano" a partir do próximo domingo. 


|

Villaresbombeirosseaga


O candidato de En Marea á Presidencia da Xunta, Luís Villares, compartiu almorzo na mañá deste venres cos traballadores de Seaga, que desde o luns atópanse acampados fronte á sede da Xunta de Galicia en Santiago.


Alí, no último día de campaña, Villares indicou a necesidade de outorgar "condicións laborais dignas" aos traballadores públicos e, en concreto, no "sector da extinción de incendios", onde ve importante "investir máis en prevención que en extinción".


"Hoxe vai ser o último venres que os traballadores de Seaga teñan que acampar diante de San Caetano porque a partir do luns poderán estar dentro do que vai ser a súa institución", manifestou.


Deste xeito, indicou que, se En Marea chega á Xunta tras as eleccións do próximo domingo, impulsará desde o Goberno galego unha política forestal "adecuada" que se manteña "todo o ano" que pasará por "investir máis en prevención que en extinción" prestando especial atención a "limpar os montes".


Unha tarefa que, segundo Villares, pode levala a cabo a "xente competente" de Seaga sen que se teña que "recorrer a empresas externas". "É necesario unha política de monte activo que dure todo o ano e iso será o que faremos a partir do próximo domingo", remarcou.


ÚLTIMO DÍA DE CAMPAÑA


O candidato de En Marea afronta este venres o último día de campaña, que iniciou acompañando aos traballadores de Seaga para logo participar, tamén en Santiago, na presentación das propostas do partido instrumental en materia cultural.


Xa pola tarde noite, En Marea celebrará o acto de peche de campaña na compostelá Praza de Praterías, onde Villares será arroupado polos 'alcaldes do cambio' --Xulio Ferreiro (A Coruña), Martiño Noriega (Santiago) e Jorge Suárez (Ferrol)--, os números uno por cada provincia, a deputada no Congreso Yolanda Díaz e o histórico dirixente do nacionalismo galego, Xosé Manuel Beiras.



relacionada Traballadores de Seaga reclaman 'outra política forestal'
relacionada ​Brigadistas de Seaga inician unha acampada en San Caetano
relacionada Seaga puido ter sometido a xornadas de traballo ilegais a brigadas en Lugo
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE