Un anuncio do transporte de Londres, en galego
O vídeo 'London is open', que significa 'Londres está aberto', mostra a empregados do sistema de transporte dicindo a frase en distintas linguas, entre elas a nosa.
'Londres está aberto'. É a frase que di unha das empregadas do sistema de transporte da cidade global no video da campaña 'London is open'. Precisamente esta campaña ten como finalidade mostrar a apertura da cidade ao mundo a través das múltiples nacionalidades dos seus empregados. No vídeo de youtube animan aos visitantes a adiviñar as linguas nas que falan as persoas que atenden aos viaxantes diariamente. Nós podemos adiviñar unha polo menos, o galego!
Escribe tu comentario