#Claves de la semana

​O autobús de Ciudadanos cruzouse co 'kamikaze' da A-6

Conseguiron esquivalo, pero o susto aínda segue no corpo.


|

Busciudadanos


O arranque da campaña para a cita coas urnas do 25 de setembro deixou as primeiras anécdotas nas caravanas electorais dos principais partidos políticos. Entre elas están o aniversario de Feijóo celebrado o propio día de inauguración da campaña electoral, o ‘lapsus’ de Sánchez, ou a foto de Ana Pontón co xabaril da galega. Contámosvolas todas.


CARAVANA DO PPDEG


Os parabéns ao aniversario de Feijóo coreados por 12.000 persoas, entre eles os pontevedreses de adopción Mariano Rajoy e Ana Pastor, emocionou a un Feijóo que festexou os seus 55 anos o pasado sábado día 10 no coso pontevedrés, unha das prazas que o PPdeG mellor 'tourea' en campaña e que encheu sen problema.


Pero a gran noticia que insinuara o sábado que esperaba que chegase fíxose esperar ata o luns. Feijóo vai ser pai dun "galego que vai vir", tal e como mencionou el ao ser preguntado pola súa futura paternidade tras o debate electoral a cinco celebrado na CRTVG. Xa un día despois, este martes, os seus obsequiárono publicamente un body co lema 'I love Galicia' nun acto no que o candidato popular ratificaba medidas demográficas.


Bodybebefeijoo


CARAVANA DO PSDEG


Na caravana socialista, á que xa se sumou varias veces o líder do PSOE, Pedro Sánchez, pasaron por capela no barrio xudeu de Ribadavia, o pasado sábado. Aínda que neste santuario fanse obras de teatro e xa non acolle misas, o 'sermón' correu a cargo do socialista Xoaquín Fernández Leiceaga, quen acusou a Feijóo de ser "máis do PP que Fraga".


A terceira campaña electoral nos últimos doce meses deixou madeixa e o líder do PSOE, Pedro Sánchez, equivocouse este martes ao referirse ao rival socialista como Mariano Rajoy, aínda que se deu conta no momento e corrixiu que había que "poñer fin ás políticas" de Feijóo, tendo en conta que se trata das eleccións de Galicia. "De Rajoy e de Feijóo", acabou dicindo para corrixir o seu 'lapsus', entre risas, cando aínda falta por saber se non haberá unha nova convocatoria electoral en España.


CARAVANA DE EN MAREA


O mesmo día en que os socialistas estaban en Verín, este sábado pasado, a caravana de En Marea tivo que facer esforzos para esquivar ao PSOE, xa que os de Luís Villares tamén tiñan previsto ese día un acto na mesma localidade. Metros de desvío á marxe, Villares estivo acompañado do veterano político Xosé Manuel Beiras.


Ese mesmo día, Luís Villares subiuse literalmente á caravana e viaxou cos xornalistas que cobren a ruta de En Marea pola xeografía galega, os cales tiveron ocasión de sonsacarlle algunhas afeccións, como a de músico.


CARAVANA DO BNG


Cun corte de coitelo que sorprendeu aos propios panadeiros, Ana Pontón púxose este martes a bata de panadeira e atendeu aos clientes da súa panadería en Sarria de toda a vida: empanada e torta de mazá, entre outras exquisiteces. Non é a primeira vez que a candidata se pon a bata de autónoma para un acto electoral, aínda que xa vestiu outras coma a de pescadeira ou a de produtora láctea.


Pontonpanaderia


Outra das anécdotas ten cara de xabaril. É a foto que se fixo Ana Pontón aproveitando o debate electoral a cinco nos estudos de San Marcos da Televisión de Galicia. Fan do Club Xabarín, o da canción 'por fuciños, por cacheiras', non dubidou en inmortalizarse ao seu lado.


Pero desde logo a que máis nos gusta en torno a Ana Pontón é o vídeo feito polo colectivo O Tobo Creativo no que meteron elementos de Thug Life nun deses momentos coñecidos comunmente como "zasca" no que Pontón lle replica a Feijóo durante o debate electoral da CRTVG. 


CARAVANA DE CIUDADANOS


A candidata de Ciudadanos experimentou unha das peores vivencias no que vai de campaña, xa que o pasado sábado circulaba pola A-6 cando se cruzou co coche kamikaze que acabou coa vida dun mozo ao chocar o vehículo que viaxaba en dirección contraria e o del. Tiveron que esquivalo, pero o susto aínda segue no corpo.


Ademais desta anécdota un pouco 'macabra' que por sorte non tuvo maiores consecuencias para o famoso autobús laranxa, está a propia rotulación do autobús que foi unha das anécdotas máis sonadas da campaña, e que vos contabamos aquí.


Ese mesmo día, con todo, tamén viviu unha das anécdotas que a caravana laranxa lembrará: a "falta de sociabilidade" --como comentaron-- das vacas da explotación gandeira que visitaron en Lugo e as ganas do deputado Toni Cantó e acariñalas eran incompatibles. Así pois, tiveron que 'enganalas' no comedeiro para que o actor puidese tocar estes animais tan fotografados en campaña electoral.



relacionada Pontón ponse o traxe de panadeira para detallar o seu apoio aos autónomos
relacionada ​Quen foi máis convincente no debate da CRTVG?
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE