#Claves de la semana

​O Celta prepara xa a súa novena participación europea

O equipo vigués comeza o xoves a fase de grupos da Europa League en Bélxica ante o Standard Liège.


|

Entrenamientocelta

Adestramento do Celta. //Foto: RC Celta


O comezo da Europa League pode servir ao Celta para enmendar o seu mal inicio na competición doméstica, onde leva tres partidos sen sumar nin un só punto e está último, igualado só polo Valencia.


O equipo vigués comezou este luns a preparación do partido contra o Standard Liège, que estreará a súa novena participación en competicións europeas, e esta mañá celebrou o último adestramento a porta pechada antes da viaxe a Bélxica. Mañá desprazaranse e adestrarán pola tarde antes do encontro do xoves.


O Celta ten diante de si a oportunidade de mellorar a imaxe e traer un bo resultado, aproveitando, se cadra, que o adestrador do equipo Belga foi relevado hai só unha semana.


De todas formas, os celestes agardan un calendario apertado con cinco encontros en vinte días, que obrigarán a Berizzo a introducir algunha rotación nos onces. É previsible que manteña, iso si, un bloque principal de titulares.

relacionada O Celta desperdicia a primeira metade do partido e perde 0-4 ante o Atlético
relacionada O Celta xa coñece os rivais na Europa League
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE