Comeza a vendima na D.O. de Valdeorras
As previsións esperan que se recolla menos cantidade de uva que o ano pasado, aínda que a súa calidade será "excelente".
A Denominación de Orixe de Valdeorras é a primeira en Galicia en arrincar a vendima este luns coa recollida de uvas na adega Godeval.
Esta adega cumpriu recentemente 30 anos e será a primeira na comarca en comezar a campaña de vendima de 2016, na que se prevé un descenso na produción sobre as 6,5 toneladas de uva recollidas en 2015.
Os fenómenos meteorolóxicos adversos e a incidencia do fungo mildiu nas cepas minguarán a cantidade de uva que se recolla este ano na comarca en relación a 2015.
Co fin de paliar os danos por esta situación, o presidente do Consello Regulador da DO, Francisco García, reclamou recentemente á Xunta a apertura dunha liña de axudas similar á aprobada para a Ribeira Sacra.
Con todo, pese ao descenso da cantidade da produción, Francisco García prevé que a calidade da uva sexa "excelente", do mesmo xeito que en anos pasados.
Escribe tu comentario