#Claves de la semana

María do Ceo, un "ceo galaico"

Mª do Ceo ven sendo algo insólito no panorama musical actual galego e seguramente portugués


|

O fenómeno María do Ceo ven sendo algo insólito no panorama musical actual galego e seguramente portugués. 


Fai anos que lle escoitei as primeiras cancións e quedei sorprendido e engaiolado pola súa voz de veludo e seda, pola maneira de estar concentrada cos ollos pechos, emitindo sucesivas secuencias melódicas perfectamente moduladas, encadeadas, que te transportan a un mundo de benestar e harmonía onde o tempo fica quedo, parado, mentres te sintes traspasado pola emoción que é capaz de transmitir pola palabra e a melodía do Fado.


5Mariadoceoexpresintipicaboa

Que é o Fado para min?. Esas sonoridades mediterráneas apalancadas no Olisipo do Texo ou de Coimbra, que se encontraron coas correntes trovadorescas galaicas e medievaes que chegaban das terras dos galaicos, entendidos estes como aqueles que habitaban as terras ao norte do Douro, como así o entendera o romano. Os versos femininos verquidos cara o amado, o amigo, na procura do amor correspondido, ou o no desgarro do amor desesperado, imposíbel, que transcende e que transmite o Fado, o Fado cantado por María.


Eis aquí o Fado clásico, a saudade; pero a valentía de María traspasa o inimaxinábel; é quen de ofrecernos, no seu recén presentado disco, ”Un Fado Norte”, dende O Porto ao río Eo, coa letra do sublime Armando González, rompendo pontes, rachando fronteiras mentáis, relatando historias con outro acento, historias galegas e portuguesas, que non deixarán de sorprender aos puristas e dogmáticos do xénero, pola súa extraordinaria calidade e beleza.


Máis a María e o Armando están no certo, dan o salto da troita bical diante dunha presa de auga, para entroncar con esa lírica antiquísima, precristiá, do bardo Ameirgín, versos máxicos da súa canción, poderosos, capaces de parar ventos de furacán e vencer en cualquer batalla, ou de mergullarse nas ondas do mar de Martín Codax ou de Mendiño pra facer festa subacuática entre deuses e fauna.


Mariadoceofoto1107 2

Armando González e María do Ceo, no Consello da Cultura Galega, presentando o disco de Portugal a Galicia

 

Non remata aquí a cousa senón que no seu repertorio figura o folclore galego portugés, amplamente representado en Vira, Malhao, Muiñeira e Foliada, maxistralmente interpretadas e musicadas na guitarra clásica e pasadas pola saudosa sonoridade da guitarra portuguesa nas maus de Pepe e Alex Salgado, marido e fillo, respectivamente, da artista.


Citar a ringleira de poetas galegos cantados por María: Rosalía, Curros, Castelao, Blanco Amor, Celso Emilio Ferreiro, Cunqueiro, Carlos Casares, Neira Vilas, Ferrín, xunto á Xavier Alcalá, Moncho Borrajo, Armando González... sería interminábel, portugueses coma Camoes, Zeca Afonso, Arlindo Carvalho...


A Amalia mellor interptretada, sae dos beizos da artista con paixón e saudade profunda. A sorte dos galegos e portugueses é poder ser coetáneos e espectadores dunha artista total.


Grazas por regalarnos tanta beleza!.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE