#Claves de la semana

​Tráfico intensificará a vixilancia sobre o uso de cinto e sistemas de retención infantil

A campaña ponse en marcha o luns día 12 de setembro ata o domingo 18 incluído.


|

Retencioninfanciacoche


A Dirección Xeral de Tráfico (DXT) poñerá en marcha desde este luns día 12, unha campaña "intensiva" para controlar o uso do cinto de seguridade e dos sistemas de retención infantil, segundo informa a Delegación do Goberno en Galicia.


Esta iniciativa enmárcase dentro da programación de campañas especiais de vixilancia previstas pola DXT para este ano "co ánimo de mellorar a seguridade viaria e concienciar aos usuarios das vías sobre a importancia de manter comportamentos máis seguros", engade.


En concreto, durante unha semana, ata o domingo día 18 incluído, os axentes da Agrupación de Tráfico da Garda Civil intensificarán os controis para comprobar que tanto o condutor como os ocupantes dos vehículos fan uso do cinto de seguridade.


EVITAR LESIÓNS MORTAIS Ou GRAVES


De igual modo, comprobarán que os menores viaxan cos correspondentes sistemas de retención infantil "adecuados á súa estatura, peso e idade". A respecto, a DXT lembra que un neno sen suxeición "multiplica por cinco as posibilidades de sufrir lesións mortais ou graves".


Por outra banda, sinala que, nos últimos anos, observouse en España "unha tendencia estable do 25% de vítimas mortais en accidente de tráfico que non usaban o cinto ou sistema de retención infantil".


En canto a Galicia, a Delegación do Goberno lembra que, na campaña específica desenvolvida do 7 ao 13 de setembro de 2015, controláronse 26.892 vehículos e formuláronse 203 denuncias.



Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE