#Claves de la semana

Pontón aposta pola internacionalización das empresas galegas

A candidata do BNG onsiderou que a internacionalización das empresas galegas é un "eixo para consolidar o emprego" e destacou a "gran oportunidade" que supón a lusofonía para abrir novos mercados a través da lingua.

 


|

Estrellagalicia 2


A candidata do BNG á presidencia da Xunta, Ana Pontón, propuxo a creación dunha "rede de embaixadas comerciais" para desenvolver unha "estratexia comercial galega no exterior" e reclamou as competencias do Estado nesta materia para deseñar unha estratexia que responda as necesidades de Galicia, derrubando as "tutelas" e a "subordinación".


Respecto diso, Pontón considerou que a internacionalización das empresas galegas é un "eixo para consolidar o emprego" no país. Ademais, destacou a "gran oportunidade" que supón a lusofonía para abrir novos mercados a través da lingua.


A candidata nacionalista ha augurado que con esta estratexia "sairase do pozo das políticas do Partido Popular e o modelo da dependencia". "Queremos autoresponsabilizarnos do noso futuro", dixo.


PROXECTOS INNOVADORES


Ana Pontón fixo estas declaracións no transcurso da súa visita ás instalacións da Distribuidora de libros Arnoia en Ponte Caldelas, acompañada do cabeza de lista pola provincia de Pontevedra, Luís Bará, e o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores.


Pola súa banda, Luís Bará avogou por crear en Galicia proxectos innovadores que trasladen ao mundo a idea dunha "Galicia ambiciosa, innovadora" e que mira para fose "porque quere chegar lonxe".


relacionada ​Os viños galegos apostan por conquistar os mercados internacionais
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE