#Claves de la semana

​Concentración contra o “desmantelamento” dos servicios de extinción

CIG, CCOO, CSIF e UGT veñen de convocar unha manifestación para o día 1 de setembro para denunciar a carencia de medios, a inestabilidade laboral e certos dereitos legais para os traballadores do lume. 


|

Brigadistasmanifestacion


As organizacións sindicais CIG, CCOO, CSIF e UGT veñen de convocar unha manifestación dos traballadores do Servizo Público de Prevención e Extinción de Incendios Forestais para o día 1 de Setembro contra o que califican coma un “desmantelamento paulatino do servizo a través de políticas de disgregación dunha parte do dispositivo e a privatización doutra”.


Denuncian a “fragmentación” do dispositivo de prevención e extinción de incendios forestais a través dun entramado de empresas que “perxudica gravemente a eficiencia” dun servizo público “de contrastada eficacia” a favor de “intereses económicos e electoralistas”.


PRECARIZACIÓN


As OOSS denuncian asimesmo a precarización das condicións de traballo dos servizos de extinción que carecen de medios, segundo afirman, tanto “materiais coma humanos” e sofren unha “inestabilidade laboral e profesional” que ademais de pór en “grave risco” a capacidade do servizo, supón unha “neglixencia”.


DEREITOS LEGAIS


Piden tamén que o goberno rectifique na súa “teima” de manter aos bombeiros forestais “de forma ilegal” como “peóns forestais e de caza”, e reclaman que se recoñezan enfermedades profesionais propias do gremio polo traballo desempeñado, así como os debidos dereitos legais e a redución da idade de xubilación.


A manifestación está convocada para o día 1 de Setembro na Praza do Obradoiro ás 11:00 horas.


relacionada Noite complicada para os brigadistas
relacionada ​"Quendas de moitas horas sen auga nin bocadillos" para os bombeiros forestais
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE