#Claves de la semana

Controlado o incendio de Nogueira de Ramuín

O incendio de A Veiga está estabilizado tras calcinar 150 hectáreas, 50 delas na Serra do Eixe, un paraxe incluído na Rede Natura polo seu alto valor paisaxístico. 


 


 


|

Incendionogueiraderamuin2

Imaxe do incendio de Nogueira de Ramuín // @UGTForestaisGZ


O incendio forestal declarado o martes no municipio ourensán de Nogueira de Ramuín quedou controlado esta tarde de mércores, e o de A Veiga quedou estabilizado segundo confirmou Medio Rural. O balance de hectáreas queimadas tras ambos incendios é de 240


A Conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquex, sinalou, sobre estes "dous incendios" de máis de 50 hectáreas, que un se produciu "pola tarde e outro xa pola noite" deste martes, en "zonas con pendentes moi escabrosas onde só poden utilizarse os medios aéreos" e "mesmo nalgúns casos con problemas". 


O incendio forestal que queimou unhas 89 hectáreas en Nogueira de Ramuín, en Ourense, está próximo a Rede Natura e existiu o "temor" de que chegase aos Canóns do Sil, indicou a Conselleira. Mentres, o da Veiga, onde arderon unhas 150 hectáreas, afecta a un piñeiral repoboado, segundo destacou a titular de Medio Rural, o que leva que o efecto das chamas supoña unha "perda económica moi importante e ambiental transcendental".


Neste sentido, subliñou que a Xunta segue "na loita de acabar cos incendiarios" e chamou a atención sobre as temperaturas "moi altas" que aínda este mércores rexistra a provincia ourensá, ante o que chamou a "extremar precaucións pero sobre todo denunciar actitudes ou feitos que poidan chamar a atención".


NOGUEIRA DE RAMUÍN


A Consellería do Medio Rural deu por controlado na tarde deste mércores o incendio na parroquia de Vilar de Cerreda, en Nogueira de Ramuín, que arrasou 89 hectáreas. 


As chamas quedaron a tan só 3 quilómetros do Canón do Sil, e non chegaron finalmente a afectar a este enclave paisaxístico como confirmaron fontes de Medio Rural, a propia Conselleira, e o alcalde da localidade onde se iniciou o incendio, César Parente.


Na súa extinción traballaron catro axentes, 19 brigadas, oito motobombas, tres pas, 12 helicópteros e seis avións.


A VEIGA


A Xunta deu tamén por estabilizado o incendio forestal que afecta o municipio ourensán da Veiga, onde arderon desde este martes unhas 150 hectáreas.


Ás 20,00 horas de onte o lume xa levaba 50 hectáreas de monte calcinadas na Serra do Eixe, un paraxe incluído na Rede Natura polo seu alto valor paisaxístico. 



EXTINGUIDO


Pola súa banda, Medio Rural confirmou que quedou extinguido ás 3,25 horas deste mércores o incendio iniciado ás 15,41 horas do martes na parroquia da Merca, no municipio ourensán da Merca.


O lume comezou practicamente na mesma poboación, preto das escolas, onde xa ardeu fai agora tres anos, cando o municipio se vira afectado por un lume que obrigou a desaloxar o colexio con 58 nenos e aos 30 residentes do xeriátrico de San Pedro, na Corredoira, tras queimar catro casas.


Neste lume arderon 23 hectáreas, delas 22,2 de raso e o resto de arboledo. Na súa extinción colaboraron dous axentes, dez brigadas, catro motobombas, unha pa, cinco helicópteros e tres avións.

relacionada Noite complicada para os brigadistas
relacionada Así arde o incendio de Nogueira de Ramuín
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE