Marlos Moreno, pretemporada coa liga en marcha
Un amistoso contra o Compostela pode servir para que o colombiano se vista de branco e azul. Lucas Pérez segue na axenda de clubs da 'Premier'.
Marlos Moreno, en su primer entrenamiento. //Fuente: RCDeportivo
A Sociedad Deportiva Compostela recibe esta tarde en San Lázaro ao Deportivo para disputar o amistoso Memorial Antonio Bermúdez. Un encontro que pode servir para que o colombiano Marlos Moreno, recentemente incorporado aos adestramentos colectivos do club herculino en Abegondo, xogue os seus primeiros minutos co escudo do Dépor. O partido, a modo de pretemporada, serve tamén de rodaxe para os xogadores con menos participación.
E no capítulo do mercado de fichaxes, o diario Telegraph apunta o interese do Everton por Lucas Pérez. O dianteiro coruñés e o central Sidnei son os dous xogadores con pretendentes neste último tramo do mercado. Na praza de Pontevedra vai ser unha semana e pico longa intentando manter pechada a lista de baixas, toda vez que non se agardan novas incorporacións.
Escribe tu comentario