#Claves de la semana

​A Xunta apura os investimentos en obras antes do período electoral

Nun só día compromete con distintos ceoncellos melloras en beirarrúas e zonas peonís, redes de abastecemento, saneamento ou reparacións en colexios.


|

Matoobras

Beatriz Mato e a alcaldesa de Marín, María Ramallo. //Foto: Xunta


A Conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio comprometeu nunha mañá uns 450.000 euros en obras de humanización e mellora do saneamento de varias localidades galegas.


Na localidade pontevedresa de Marín, investirá preto de 150.000 euros na humanización da travesía Jaime Janer, tal e como recolle un convenio asinado este xoves pola conselleira, Beatriz Mato, e a alcaldesa, María Ramallo. Os traballos consistirán na renovación de beirarrúas, ampliación de redes de abastecemento e saneamento e instalación e acondicionamento de mobiliario urbano.


Este investimento inscríbese dentro do Plan Hurbe, posto en marcha en 2010 polo Goberno galego para fomentar a humanización das localidades, favorecer a cooperación entre Administración autonómica e concellos e promover o reequilibrio territorial.


PORTOMARÍN


Con Portomarín asináronse dous convenios por valor de 200.000 euros para a mellora do abastecemento e a actuación sobre varios espazos públicos deste municipio lucense.


En concreto, o Goberno galego investirá case 170.000 euros na mellora e rehabilitación do parque público Manuel de Blas, da zona da confluencia entre as rúas Pelegrín, Miño e Avenida de Sarria e da fonte que se sitúa entre estas dúas últimas rúas.


As obras consistirán na reparación de pavimentos en zonas peonís, a renovación de céspede en zonas verdes, a poda de árbores e a instalación subterránea de rega automática. Ademais, instalarase iluminación pública.


O outro dos convenios asinados este xoves permitirá levar a cabo actuacións de mellora do estado da rede de abastecemento do núcleo de San Roque, unha actuación que implica un investimento de 35.000 euros e está cofinanciada polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural.


DEPURADORA DE OUTES


A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, e o alcalde de Outes, Carlos E. López Crespo, asinaron hoxe un convenio de colaboración que ten como obxectivo acometer as actuacións necesarias para poñer en marcha a depuradora (EDAR) de Outes.


O acordo ratificado esta mañá prevé un investimento por parte da Xunta de algo máis de 99.000 euros, que estarán cofinanciados polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER).


REDONDELA


A Consellería de Cultura adxudicou por 156.634 euros a obra de cambio de cuberta do CEIP Outeiro das Penas, situado na localidade pontevedresa de Redondela. O prazo de execución desta obra, que se prevé que estea lista para o inicio do curso escolar, é dun mes. A finalidade desta actuación é instalar unha nova cuberta en todo o edificio das aulas, mellorando o illamento deste centro educativo.


A intervención foi adxudicada á empresa 'Cubertas Lousa Galicia SLU' polo procedemento negociado sen publicidade e a resolución pode consultarse na Plataforma de Contratos Públicos de Galicia.

relacionada ​La Alta Velocidad se frena por la situación política
relacionada ​A Ponte do Milenio volverá lucir coma nova en seis meses
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE