#Claves de la semana

Abre a media autovía da Costa da Morte

Prometida no Plan Galicia do 2003 e comezada a construir no 2008, non cumpre o obxectivo inicial de unir Fisterra e A Coruña nin hai prazos para que o faga.


|

Autoviacostadamorte


O tramo construído da autovía da Costa da Morte abriu este venres ao tráfico despois dun acto de inauguración da infraestrutura que promete "mellorar a calidade de vida e benestar de toda a comarca", segundo Feijóo.


No ano 2008, o por aquel entón presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, colocou a primeira pedra dun proxecto prometido no Plan Galicia de Aznar que pretendía comunicar por autoestrada A Coruña con Cee e Fisterra. Os plans contaban con construír máis de 40 quilómetros, para enlazar esta autovía coa que leva de Carballo á capital da provincia. O tramo que abre hoxe transcorre de Carballo a Baio e queda en 27 quilómetros.


Neste sentido, Feijóo avanzou durante o acto de inauguración a contratación "este mesmo ano" do proxecto de construción que permitirá a prolongación da autovía ata o Concello de Vimianzo, para "desde aí, enlazar con outros lugares como o municipio de Camariñas".


Así mesmo, sinalou que "para chegar a Fisterra fai falta chegar primeiro a Baio". "Niso estamos", agregou Feijóo. Polo momento, segundo destacou o mandatario galego, hai 27 quilómetros libres de peaxe nos que se transcorre por cinco concellos que quedan á súa vez "vertebrados".


APOSTA DO GOBERNO


O orzamento final, despois de botar meses parada, con adxudicatarias sin solvencia e con sobrecustes,  foi de 170 millóns de euros, para segundo os datos ofrecidos pola Xunta nun comunicado, beneficiar con esta infraestrutura os 120.000 da zona. 


Doutra banda, lembrou que "a pesar de estar nun contexto de estreitezas económicas", a rede autonómica de vías de alta capacidade creceu un 66% no últimos oito anos, polo que cando termine o ano o 80% da poboación estará a "menos de 15 minutos dunha vía de alta capacidade".


O presidente tamén apuntou a que a Xunta conxelou as taxas das autoestradas de peaxe autonómicas e tamén reduciu os custos para os usuarios que as usan habitualmente. Desta forma, segundo indicou, as peaxes das dúas autoestradas propiedade da Comunidade convertéronse en "os máis baratos de España".

relacionada A autovía da Costa da Morte estará lista para o verán
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE