Manuel Pablo segue no Dépor, pero fóra do verde
O canario, de 40 anos, integrarase na dirección deportiva, encargado das relacións entre vestiario, equipo técnico e os despachos.
O Deportivo acordou con Manuel Pablo integrar ao futbolista na dirección deportiva do club. O canario, de 40 anos, estaba citado co resto do persoal para pasar os recoñecementos médicos, pois a súa intención era a de xogar polos menos un anos máis dos dous que quedaban de contrato.
Pero, o club reserváballe unha opción fóra do céspede. "Manuel Pablo será desde este momento a persoa que se encargue dunha función importante no día a día do equipo: as relacións entre o persoal, o corpo técnico e a dirección deportiva do club, dependendo desta última", apuntou o equipo galego.
Escribe tu comentario