O Deportivo fai oficial a quinta fichaxe
Rubén Martínez, porteiro de Coristanco, chega libre do Levante e completa o trío de gardametas do club herculino. O próximo en entrar pode ser Roberto Trashorras.
O porteiro de Coristanco Rubén Martínez asina por dúas temporadas co Dépor. O gardameta chega libre do Levante e loitará por un posto na portería de Riazor con arxentino Germán Lux e o polaco Tyton.
O vindeiro en asinar podería ser Roberto Trashorras. O de Rábade non pecha a porta. En declaracións á Radio Galega, o xogador que esta campaña defendeu a camisola do Rayo Vallecano asegurou saber que "interese hai, polo que sae na prensa e polo que dí a xente" e que "a porta de Galicia sempre a teño aberta".
Escribe tu comentario