#Claves de la semana
O 20 LUNS NA CASA DE GALICIA AS 19,30 HORAS

Eladio Rodríguez, presenta en Madrid ​o libro "Gandarón​ ou o gran falo megalítico de Pena Corneira"

No acto intervirán o editor Bieito Ledo, Antón Alonso, Vicente Araguas, Ramón Pernas, ademais do autor


|

Eladio Rodríguez Fernández, escolleu o marco incomparable da Casa da Galicia en Madrid, para presentar o luns día 20 as 19:30 horas a sua primeira novela "GANDARÓN OU O GRAN FALO MEGALÍTICO DE PENA CORNEIRA".


No acto de presentación intervirán o editor Bieito LedoAntón AlonsoVicente AraguasRamón Pernas ademais do autor


"Gandarón ou o gran falo megalítico de Pena Corneira" é unha novela sorprendente, chea de voces e personaxes enmarcados nun mundo pseudoimaxinario, que mestura realidade e fantasia, verdade e ficción literaria, cuxos protagonistas nos transmiten os valores da amizade, o compañeirismo, a valentía e a unión dos pobos nun ben común.


Gandarón e Martiño, xunto aos grandes xefes dos castros, e coa axuda inestimábel da Excel. Becha Usía, tentarán opoñerse aos desexos de destrución e cobiza dos invasores das terras do Avea.


En palabras do autor, “ao asistir como observador á implacable destrución dunha cultura milenaria como é a cultura rural galega, en aras de engrandecer urbes para xuntar, controlar, someter e impor impostos aos chamados cidadáns, en contraposición cós aldeáns, fixo renacer poderosamente en min a idea de retornar. Hoxe, percorrendo os innumerábeis castros que permanecen calados, testemuñas silenciosas dunha cultura admirábel, escribo esta novela que afonda no cerne do ser e sentir ribeirán e galego. Xa ben dicía o noso sabio e devanceiro profesor Filgueira Valverde: O que foi ha de volver ser..."


A novela que constitúe a "opera prima", do autor, introduce ao lector no fascinante mundo da Idade do Ferro. Os prodixiosos xefes venerados como deuses que poboaron os mitos das Terras dos Galaicos, cobran vida nun universo con alicerces nos últimos descubrimentos da arqueoloxía e das ciencias do pasado pero sobre o que voa ceibe a imaxinación e a fantasía, do autor, enchendo con soños os ocos baleiros da ciencia.


Eladio Rodriguez, apoiado na sua imaxinación e moitas horas de intensas pesquisas, emula unha viaxe no tempo, intruducindo o lector de forma vibrante nas vellas historias que se contaban na noite dos castros e fiar con elas a historia dos deuses galaicos, ou sexa, as orixes máis profundas do rico imaxinario da sociedade tradicional galega. Un libro apaixoante, distinto, que causará gran impresión e que trae a máis vella mitoloxía galega coñecida ao noso imaxinario do século XXI.


O Autor 


EladioRodriguezenlmbricaparadocuentacin

O autor, no Castro de Lámbrica (Ourense), un dos esceanarios da sua novela 


Eladio Rodríguez Fernández, fillo e neto de viticultores con terras de seu e adega, naceu en Beade, en terras do Ribeiro do Avia. A paisaxe ribeirá da viña vai conformando a súa personalidade, moldeando o seu carácter ao redor dunha contorna rural moi específica, correspondente á vide e ao viño.


A Natureza exuberante, os ríos, as viñas e as fragas foron deixando fondos sucos no seu intelecto. A cultura humana que emanaban as vilas e aldeas ribeirás foi impregnando todo o seu ser dun intensa paixón por todo o que vía, abrindo a súa mente cara a un forte compromiso, de por vida, con esa Terra. Co tempo coñeceu outras realidades, pasando polo Instituto de Ribadavia, aprendendo a elaborar doutra maneira o viño en Villarrobledo (Albacete), e adquirindo formación na escola de Enxeñería Técnica de Vigo.


Dirixiu unha empresa construtora na cidade de Vigo e colaborou intensamente en diversos parladoiros culturais en Ourense, labor que compaxinaba coa publicación dalgúns versos na célebre revista Grial. Estréase como escritor cunha gran e voluminosa obra: "Gandarón ou o gran falo megalítico de Pena Corneira", un libro que a ninguén deixará indiferente.


INVITACINlibroGANDARNMADRID1355


Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE