Buscan converter as algas galegas en cosméticos a través do crowfunding
Os promotores pretenden coñecer a resposta dos consumidores aos seus productos
Marivel Sánchez é investigadora da Universidade de Santiago, Jorge Sineiro é profesor neste mesmo centro. Ambos levan tempo traballando nas algas galegas, conseguindo extraer antioxidantes sen necesidade de utilizar disolventes, e agora explorarán a través do crowfunding a viabilidade de comercializar os seus logros.
“Como os resultados foron bos, prantexeime a idea de crear unha empresa e comercializar os extractos", asegura Marivel, e desa idea nace a marca Sálvora, que agora pide o apoio da sociedade para poder lanzar os seus primeiros productos, que extraerán antioxidantes naturais usando só auga e ultrasons.
A través do sistema de crow-funding recompensa, proponlle aos potenciais usuarios que apoien a súa iniciativa con aportacións que van dende os 5 ata os 160 euros, a cambio de recompensas como recibir as cremas cando comecen a comercializarse a un prezo sensiblemente inferior ao que terán nos puntos de venda.
O obxectivo é coñecer a respota do mercado para a súa liña de cosmética ecolóxica. A campaña finaliza o vindeiro 14 de xullo e polo de agora levan recaudados máis de 2.300 euros do total de 7.700 que se marcaron como obxectivo.
Escribe tu comentario