#Claves de la semana

​CCOO considera desproporcionada a pena solicitada para os mariñeiros acusados de desordes públicos

Observa criterios "máis políticos que xurídicos" na acusación


|





CCOO considera un "despropósito, unha esaxeración fóra de toda racionalidade e proporcionalidade" a pena de tres anos de cárcere solicitada para os 16 mariñeiros do cerco acusados de provocar desordes públicos trala protesta improvisada que se produciu en Vigo en marzo de 2014, con enfrontamentos cos antidisturbios.


O sindicato observa criterios "máis políticos que xurídicos" na acusación, que considera fundamentada nun relato "esaxerado e dramatizado". Sostén que esta actitude responde á intención de "escarmentar e silenciar protestas" como a que levou a estes mariñeiros a saír á rúa hai dous anos "en defensa dos seus postos de traballo e dunha repartición xusta da cota pesqueira".


Dende comisións piden que "se faga xustiza" cos acusados e que sexan "absoltos". 

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE