Patricia Vilán relevará a Méndez Romeu no parlamento
O PSdeG aposta pola renovación trala dimisión do seu voceiro parlamentario
Patricia Vilán será a nova voceira do PSdeG no parlamento, a encargada de interpelar a Alberto Núñez Feijóo durante o que resta de lexislatura trala dimisión de Xosé Luis Méndez Romeu debido á súa derrota nas primarias.
A xestora que dirixe na actualidade o partido opta así pola renovación, xa que gran parte dos que que poderían ser sustitutos naturais do anterior voceiro, como a actual vicevoceira Carmen Gallego, tamén se descartaron polo seu apoio á candidatura de Méndez Romeu durante o proceso de primarias.
De todos xeitos, a decisión aínda non é oficial. A xestora que dirixe o PSdeG convocou para este mércores aos integrantes do grupo parlamentario a fin de abordar a substitución. Está previsto que a presidenta da xestora, Pilar Cancela, acuda a este encontro para "escoitar" aos 18 deputados e definir a nova dirección do grupo.
DIMISIÓN DE ROMEU
O voceiro parlamentario do PSdeG, Xosé Luis Méndez Romeu, confirmou a súa dimisión como voceiro parlamentario do partido trala súa derrota nas primarias fronte a Xaquín Fernández Leiceaga.
Asegura que entende e agradece o depósito de confianza do seu rival e da comisión xestora do PSdeG, que lle pediron que continuara. Pero asegura que a “mellor solución é que se nomee unha nova persoa”, porque do contrario existiría o risco de que se producirán “contradicións, puntos de vista distintos que en nada favorecerían á unidade de discurso” que debe ofrecer o partido neste partido.
Ademais, trala derrota electoral interna sinte que “a maioría da organización non respalda” a súa labor, polo que lle faltaría a convicción para manter o “nivel de oposición” desexable durante o que resta de lexislatura.
“A política está presidida pola ética da responsabilidade. Os actos teñen consecuencias e as consecuencias hai que asumilas”, concluiu o xa exportavoz parlamentario.
CARMEN GALLEGO ACOMPAÑA A ROMEU NO SEU PASO ATRÁS
A actual viceportavoz do grupo do PSdeG, Carmen Gallego, autodescartouse para sustitiur a Méndez Romeu, poñendo ademais o seu posto a disposición da xestora como consecuencia do seu apoio para o candidato perdedor das primarias.
"A miña implicación persoal e política na campaña para as primarias con José Luis Méndez Romeu é evidente e por tanto entendo que eu tamén teño que dar un paso atrás neste proxecto e facilitar ao novo candidato e á xestora que poidan escoller a persoas da súa confianza para a nova dirección do grupo", esgrimiu Galego, quen agregou que "hoxe mesmo" os membros da permanente trasladaron unha notificación para indicar que "todos os cargos estaban a disposición da comisión xestora".
Escribe tu comentario