A comedia bufa da ATLL catalá

Manuel Fernando González Iglesias

Os do Govern son uns cachondos. Como viron que Antifrau deixou ao seu ACA coas vergoñas ao sol por deixarse enganar por ACCIONA nas contas da ATLL cunhas facturas impropias, sacáronse o problema de enriba cunha multa por falta grave de catro millóns de euros, que a familia Entrecanales xa se sacará de enrriba con algunha que outra habilidade contable, que para iso levan moitos anos metidos no negocio da obra pública.


Pero para facer todo iso, tiveron que dicir que os varandas da explotación, ou sexa, a devandita ACCIONA, continúa rexentando o negocio, algo que provocou o monumental cabreo de Antifrau, que pedira xusto o contrario, e a indignación dos da CUP, que lla liaron ao Conseller na súa comparecencia parlamentaria, mentres os de Catalunya Si Que Es Pot aseguraban que o tema o levarán á Fiscalía, que é unha maneira mais enérxica de dicir "eu sigo, porque isto non acaba aquí".


E o Govern? Ben, grazas, dicindo con todo o morro que o ACA non puido fiscalizar a chapuza dos madrileños porque aos seus representantes non lles avisaron de dous Consellos de Administración onde se coaron as facturas negras que si soubo denunciar a CGT, que tamén os ten ben postos. Por certo, naqueles tempos no ACA estaba o impresentable de Joan Pinyol, que agora come na man de Ada Colau, e os sociatas na área Metropolitana, precisamente atendendo a temas acuosos e de cheiros varios, Deus nos protexa. Oia, conseller Rull, se os do ACA non se decataron, aos que queden os cese por incompetentes, que para iso lles pagamos entre todos, para que fagan ben o seu traballo en defensa do interese público e non para que sexan os parvos do pobo. E de paso, advirta á alcaldesa de Barcelona dos perigos que corren os barceloneses tendo como xestor ao impresentable Pinyol, que acabará liándoa.


O dito, unha chapuza con aires de comedia político-empresarial nunha Catalunya da que están a fuxir os investidores e na que aínda quedan algúns pillos como os de ACCIONA, que algo deben de ter escondido na súa caixa forte porque tanta tolerancia oficial xa comeza a ser máis que sospeitosa.



Pica na imaxe para ler a noticia:


http://www.catalunyapress.es/texto-diario/mostrar/442137/territori-sanciona-a-la-atll-con-4-millones-pero-no-le-retira-la-concesion

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Más opinión
Opinadores

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE