Jorquera non irá nas listas do BNG
O voceiro parlamentario do bloque considera que é o momento de "dar a remuda"
O voceiro parlamentario do BNG, Francisco Jorquera, abandonará o hemiciclo cando remate a lexislatura. Renuncia a presentarse nas listas do bloque, afirmando que non quere volver a ser deputado convencido de que é o momento de "dar a remuda".
Aínda así, o político ferrolán que chegou a ser candidato do bloque á Xunta en 2012, apoia a candidatura da súa compañeira Ana Pontón e amósase convencido de que o seu partido ten "permeabilidade" para facer cambios "coherentes" neste momento crítico para o nacionalistmo.
Neste senso, Jorquera suliñou que o BNG podería apostar pensando únicamente en "réditos electorais" e sumarse ás mareas, pero considera que sería unha "aposta errónea" para os intereses de Galicia.
Escribe tu comentario