A sangría demográfica galega continúa imparable
Galicia perdeu case 15.000 habitantes en 2015, quedando o censo en 2.717.749 personas,
A sangría demográfica galega continúa imparable. Ou polo menos iso é o que se deduce dos datos de poboación inscrita que acaba de facer públicos o Instituto Público de Estatística, que reflexa unha perda de 14.598 habitantes durante 2015.
O censo de habitantes galegos leva en caída libre dende 2010, actualmente hai rexistradas 2.717.749 persoas na nosa comunidade.
Pese a todo, o descenso poboacional galego ten esta vez un reflexo no conxunto do estado, que perdeu preto de 100.000 habitantes durante o ano pasado, deixando o total de poboación inscrita en 46.524.943.
Este descenso na media estatal explícase pola marcha de estranxeiros, que descenderon en 128.372 persoas. Os españois censados, pola contra, aumentaron en 28.933 persoas.
En Galicia, en cambio, a maior parte do descenso corresponde a españois. A reducción de estranxeiros representa 3.025 persoas, aproximadamente unha quinta parte do descenso total.
Escribe tu comentario