​A cultura galega espállase polos Camiños de Santiago

A Xunta presentou o programa Cultura no Camiño, que levará actuacións de circo, danza, maxia, teatro e música a 99 concellos


|



Os Camiños de Santiago son un dos principais atractivos de Galicia, unha das vías que escollen cada ano centos de miles de visitantes para achegarse ao noso patrimonio e á nosa natureza. Pero dende a administración pretenden ampliar o potencial destas vías como receptores da cultura galega, cun completo programa de actuacións que espallará as creacións dos artistas galegos polos camiños.


Trátase da cuarta edición do programa Cultura do Camiño, que levará ata 99 concellos das catro provincias un total de 369 actuacións de maxia, música, circo, danza e teatro. O obxetivo é ofrecerlle aos peregrinos un achegamento á produción cultural galega, ao tempo que se dinamiza a actividade cultural dun gran número de municipios. 


Durante a presentación celebrada este martes no Museo das Peregrinacións, en Santiago de Compostela, o conselleiro de Educación e Cultura, Román Rodríguez, puxo en valor un programa que "conxuga todo o bo que ten Galicia". Rodríguez salientou que é sinxelo organizar actividades culturais en cidades como Santiago, pero que con este programa conséguese que "a cultura se espalle por todo o país", chegando a prácticamente un terzo dos concellos galegos.


Do mesmo xeito, a director xeral de Turismo de Galicia, Nava Castro, incidiu en que este programa é unha vía de "seguir poñéndo en valor o que temos", dando a coñecer valores artísticos galegos e descubrindo "toda a calidade e variedade da nosa produción cultural".


O programa conta cunha financiación de 545.000 euros públicos, aos que se suma a colaboración privada de Gadis. 

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE
Mis preferencias