A mellor caña de Galicia tírase en Ribadumia
Gustavo Rey, da Cervexería 'Encontro', impúxose entre os 40 participantes do Campeonato Galego de Tiraxe de Cervexa de Estrella Galicia
A mellor caña de Galicia tírase en Ribadumia. Concretamente, pódese gozar na cervexería 'Encontro' se tes a sorte de que che atenda Gustavo Rey, gañador do Campeonato Galego de Tiraxe de Cervexa Estrella Galicia, celebrado no Hostal dos Reis Católicos de Santiago de Compostela.
Gustavo Rey impúxose entre 40 participantes de toda Galicia nunha competición moi disputada, na que tivo que demostrar a súa destreza tirando cañas, servindo cerveza de botella e respondendo preguntas sobre o mundo da cervexa.
De todos xeitos, se Ribadumia nos queda lonxe, sempre podemos probar as cañas do resto dos finalistas. O subcampión foi Iñaki Rivas, da Taberna do Labrego de Vilalba. Diego Otero (Cervexería 'Varadero' de Sanxenxo), Francisco Barreiro (Restaurante 'Tío Paco' de Santa Comba) e Nuria Iglesias ('A Bodeguilla' de Silleda) leváronse os tres accésit.
Como premio, os cinco finalistas recibiron o seu peso en cervexa. O gañador tamén recibiu 600 euros e o segundo clasificado 400. os catro primeiros clasificáronse para o Campeonato Nacional.
Escribe tu comentario