#Claves de la semana

Fin do " búnker masculino" no Consello de Contas

Coa incorporación de Beatriz Rodríguez, este órgano fiscalizador terá por primeira vez unha maioría de mulleres


|



O Consello de Contas, encargado de fiscalizar o gasto publico da comunidade, leva funcionando dende 1981, cando a autonomía galega daba os seus primeiros casos. Pero en todo este tempo, os seus integrantes sempre foron homes, unha situación que se ten invertido ata o punto de que pronto haberá maioría femenina neste órgano de cinco membros. 


Así será cando se incorporen os dous candidatos propostos polo PP e polo PSdG, que hoxe cumpriron co último trámite comparecendo na constitución institucional do parlamento. Trátase de Constantino Carreira e Beatriz Rodríguez, que aproveitaron a ocasión para comprometerse coa "independencia" do órgano ao que se incorporarán en canto sexan ratificados polo pleno do Parlamento


Coa incorporación de Beatriz Rodríguez, este órgano fiscal estará formado por primeira vez por tres mulleres e dous homes, acabando cun tradicional "´búnker masculino", como o definiu a deputada do Grupo Mixto Consuelo Martínez. 


A este aspecto tamén se referiu o voceiro parlamentario dos populares, Pedro Puy, destacando como "un motivo de felicidade" a nova maioría femenina do Consello de Contas. 




Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE