Unión Fenosa Distribución investiu preto de 390.000 euros na mellora da subministración eléctrica en Carballeda de Avia e A Rúa
Unión Fenosa Distribución, filial de distribución eléctrica de GAS NATURAL FENOSA, investiu preto de 390.000 euros en actuacións e obras de mellora de instalacións eléctricas en Media Tensión parroquias dos municipios de Carballeda de Avia e A Rúa.
Unión Fenosa Distribución, filial de distribución eléctrica de Gas Natural Fenosa, investiu preto de 390.000 euros en actuacións e obras de mellora de instalacións eléctricas en Media Tensión parroquias dos municipios de Carballeda de Avia e A Rúa. En concreto, a compañía poñerá proximamente en servizo unha liña de Media Tensión de 1,3 quilómetros e un centro de transformación de 250 KVA en San Estevo, en Carballeda de Avia, mellorando a calidade da subministración para preto de 130 clientes os clientes dos lugares de San Estevo, Porto Prado e Franqueirán.
No municipio da Rúa, Unión Fenosa Distribución poñerá en servizo unha liña de Media Tensión e outra de Baixa Tensión, así como un centro de transformación de 160 KVA en Vilela, mellorando a calidade do servizo para 200 clientes desta parroquia.
O obxectivo destas iniciativas é potenciar as infraestruturas de subministración de enerxía eléctrica e mellorar a rede de distribución eléctrica, especialmente en zonas rurais onde é necesario mellorar a calidade do servizo, contribuíndo ao desenvolvemento económico destes territorios, e a mellora das súas condicións de vida.
Escribe tu comentario