#Claves de la semana
ACORDO PSDG, BNG, PARA MOCION DE CENSURA NA DEPUTACION DE LUGO

Gómez Besteiro, considera o pacto PSdeG-BNG unha "reconciliación" coa normalidade democrática

Lamenta a "mala memoria" de Feijóo: "Ten unha opinión cando hai unha moción de censura cun tránsfuga en Boimorto e outra distinta sobre a Deputación de Lugo"


|

Fotonoticia 20150703202928 8001 1

José Ramón Gómez Besteiro, secretario xeral do PSdeG, opinou que o acordo entre PSOE e BNG para presentar unha moción de censura na Deputación de Lugo e recuperar o goberno desta institución trátase dunha "reconciliación" coa "normalidade democrática".


"É recuperar a normalidade democrática, reconciliarse co que a maioría dos cidadáns desta provincia decidiron co seu voto; o demais son opinións que creo que pouco fan ao caso das necesidades e dos dereitos dos veciños", dixo este domingo en Lugo.

"Unha situación –engadiu en declaracións aos medios– que aínda que algún non queira recordar supuxo ese envorco que houbo nas eleccións municipais nesta provincia, onde o PP perdeu 26.000 votos", afirmou.

Besteiro referiuse ás críticas feitas o sábado polo presidente da Xunta e do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, sobre o acordo PSOE-BNG para presentar unha moción de censura na institución provincial lucense.

"Son especulacións como a que fixo o presidente da Xunta de Galicia, que ten moi mala memoria; ten unha opinión cando hai unha moción de censura cun tránsfuga en Boimorto e ten outra opinión na Deputación de Lugo. Ten unha opinión cando o PP, sendo o PSOE o máis votado en Piñor, e con todo goberna o PP, e non ten ningún tipo de prexuízo cando o PP vota en Miño a unha candidatura dun só concelleiro que é hoxe o alcalde de Miño", indicou o político socialista.


"Pouco conectado da realidade e máis fóra de Galicia que dentro", dixo Besteiro de Núñez Feijóo.

Para xustificar o pacto pechado por PSOE e BNG para recuperar o goberno da Deputación de Lugo, Besteiro dixo que "é reconciliarse cos intereses que están por encima dos partidos".

"Por encima de nós están os intereses dos cidadáns e por encima de nós está o que os cidadáns decidiron o pasado mes de maio, cando dunha forma clara e rotunda dixeron que PSOE e BNG pesaban máis que os votos do PP", apostilou. 


 

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE