#Claves de la semana
ENCONTRO DOS REPRESENTANTES DAS 25 CIUDADES DO EIXO ATLANTICO EN OURENSE

Encontro en Ourense dos 25 alcaldes do Eixo Atlántico coa responsable europea de Políticas Urbanas

Alcaldes e representantes doutros concellos de Galicia analizaron, en Ourense, os programas da UE creados para fomentar as accións de desenvolvemento sostible das cidades


|

O secretario xeral do Eixo Atlántico, Xoán Vázquez Mao e representantes dos concellos de galicia e Portugal participaron hoxe nun encontro do Eixo Atlántico coa responsable europea de Políticas Urbanas, Judit Torokne, que se celebrou en Ourense.


"As políticas que se verán beneficiadas serán as que conteñan a tripla I, de intelixencia, de integración e de innovación. As políticas que se beneficien de subvencións terán que ter un forte compoñente de todo isto", afirmou en Ourense este martes o secretario xeral do Eixo Atlántico, Xoán Vázquez Mao. 


Tales afirmacións fixéronse no contexto da reunión que os representantes das 25 cidades que integran o Eixo Atlántico celebraron na capital ourensá coa responsable de desenvolvemento urbano da Comisión Europea, a húngara Judit Torokne. Na reunión estaba previsto que Judit Torokne dese as claves aos integrantes do Eixo Atlántico polas que Bruxelas fará pasar as preferencias á hora de adxudicar axudas en materia de urbanismo.



De aí a advertencia do responsable do Eixo, que veu pronunciar tamén o acabose dos proxectos dirixidos a arranxos de vías, rúas e beirarrúas. E que afirmou que "ata agora as políticas municipais baseábanse no día a día, por iso ao chegar a crise non houbo capacidade de resposta, iso hai que evitalo".


A reunión deste martes, segundo o secretario xeral do Eixo, tiña "un forte compoñente técnico". O Eixo Atlántico parte de que as cidades que xa teñan claro a que van destinar os fondos provenientes de Europa, han de traballar na elaboración de proxectos que, ademais de rigorosos resulten viarios, e que sirvan para propiciar o desenvolvemento das devanditas cidades e crear emprego.

Eixoourense

 O Secretario xeral do Eixo Atlántico, Xoán Vázquez e o Alcalde de Ourense Xesús Vázquez



O alcalde da cidade, Jesús Vázquez, exerceu de anfitrión, cumprimentou aos asistentes e expresou a súa satisfacción porque se elixiu a Ourense para esta reunión. Na comparecencia ante os medios de comunicación só desentonó o especial celo do secretario do Eixo Atlántico porque non se escoitase á húngara Torokne que, segundo Vázquez Mao, non debía recibir preguntas dos xornalistas.


O encontro serviu para reflexionar sobre o deseño das novas políticas urbanas en Europa por parte do novo equipo de traballo comunitario. Ademais, foi a primeira reunión de perfil político entre os representantes dos diversos concellos do Eixo Atlántico e un membro da Comisión Europea para tratar asuntos de política urbana e da súa aplicación en Galicia e no Norte de Portugal. 


“Foi unha reunión produtiva na que se informou sobre os programas en curso que ten Europa e como é posible acceder ás axudas comunitarias para accións de desenvolvemento sostible e integral das cidades, algo que no caso da Coruña xa temos bastante avanzado e que é un dos obxectivos deste novo Goberno municipal”, explicou Lema.


O concelleiro gabouse de que “as políticas municipais que está a desenvolver A Coruña de cara ao seu desenvolvemento sostible e participativo como cidade, van nas liña das recomendacións europeas, que se basean na intelixencia, integración e innovación”. “A de hoxe foi unha xuntanza especialmente informativa, na que se nos explicou, ademais, como poder acceder ás liñás de financiamento existentes e futuras da UE neste terreo”, comentou Lema. Á vez, os representantes municipais tamén puideron dirixirse á comisaria europea para trasladarlle as súas aportacións sobre o deseño das políticas urbanas e as cuestións nas que pode ser mellorada

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE