#Claves de la semana
PLAZO DE PETICION DAS AXUDAS DO (21/05/2015 - 20/06/2015)

Agadic convoca as axudas para producións e coproducións audiovisuais galegas cunha dotación de 2 Millóns

A Axencia da Consellería de Cultura e Educación incorpora por vez primeira as curtametraxes a esta liña de apoio


Hoxe se pubican no DOG, as bases e criterios de vaoración, onde se primará a dirección feminina e a participación de mulleres nos equipos creativos


|

Santiago, 20 de maio de 2015.- A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publica hoxe a convocatoria de 2015 das axudas a producións e coproducións audiovisuais de contido cultural galego, que manteñen a súa dotación global de 2.000.000 euros. As bases deste ano introducen unha significativa reestruturación das diferentes modalidades de subvención, que inclúen por vez primeira o apoio ao ámbito das curtametraxes, ademais dunha categoría diferenciada para as longametraxes documentais cinematográficas.


De acordo con esta nova clasificación, a convocatoria de 2015 articúlase arredor de cinco categorías de axuda (fronte ás tres do ano pasado), con cadanseu subapartado para os diferentes tipos de produtos audiovisuais que son obxecto de apoio: longametraxes de ficción, de animación, documentais, curtas (ficción, animación e documentais) e produción ou coproducións destinadas a ser emitidas por televisión. En todos os casos, os proxectos deben ser levados a cabo por produtoras independentes.


Cinco modalidades


En canto á modalidade A, mantense a distinción entre as longametraxes de autoría galega –“aquelas nas que dous dos seguintes profesionais: director, guionista ou produtor executivo, conten con máis de dous anos de actividade profesional acreditada en Galicia”– e as que, mesmo sen dispoñer desta condición, contribúen a fomentar o tecido industrial do sector audiovisual galego e posúen, ao tempo, un especial valor cinematográfico, cultural e social. Nesta categoría, valorarase igualmente a vocación e capacidade de internacionalización dos proxectos presentados.


As longametraxes cinematográficas de animación e as documentais con especial valor cinematográfico son o obxecto das modalidades B e C, mentres que a E céntrase no apoio á produción de curtas de autoría galega (traballos cunha duración máxima de 30 minutos), para a que se reservan especificamente 60.000 euros do orzamento total destas axudas.

Por último, a modalidade E destínase a impulsar a realización de longametraxes e miniseries de ficción, longas documentais e series de animación infantil e xuvenil para ser emitidas por televisión.


Presenza feminina nos equipos


A nova redacción das bases tamén introduce novidades nos criterios de valoración que aplicará a comisión á hora de estudar as propostas recibidas. Destacan, entre eles, a puntuación extra que, en todas as modalidades, recibirán aquelas producións dirixidas por mulleres e tamén as que teñan unha participación feminina nos seus equipos superior ao 50 por cento, sen ter en conta o cargo de realización.


Este é un dos criterios preestablecidos no baremo que sirve de guía para a adxudicación destas subvencións, que se resolverá mediante o procedemento de concorrencia competitiva. A comisión tamén analizará outros aspectos, que teñen que ver coa calidade do proxecto, a súa contribución á cultura e á cinematografía de Galicia –cunha especial atención á presenza do idioma galego na versión orixinal e á promoción do talento audiovisual da nosa Comunidade– e a súa viabilidade económica e industrial.


Prazo de solicitude


A solicitudes poden presentarse na Agadic desde mañá e ata o vindeiro 20 de xuño, preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.es), pero tamén en soporte papel mediante calquera dos outros medios que se especifican na convocatoria.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE