#Claves de la semana
PONTEVEDRA

O Encontro Nacional do BNG chama a "encher Galiza de Pontevedras a partir do 24 de maio"

"queremos encher Galiza de Pontevedras a partir do 24 de maio"  procalama Xavier Vence como modelo de xestion municipal.


|

O Pazo da Cultura quedou pequeno este sábado para acoller o Encontro Nacional do Bloque Nacionalista Galego-Asembleas Abertas, na primeira ocasión que este evento se desenrola lonxe de Santiago de Compostela.


Ante os candidatos nacionalistas aos municipios galegos, o voceiro nacional do BNG, Xavier Vence puxo como exemplo o modelo implantado na cidade de Lérez.


Vence recoñeceu no seu discurso que "queremos encher Galiza de Pontevedras a partir do 24 de maio", como aval co que o seu partido se presenta á cita coas urnas.


Polo escenario pasaron os candidatos das grandes cidades e doutros municipio galegos. Tamén o fixo o rexedor de Pontevedra, un Miguel Anxo Fernández Lores que apoia a receita do nacionalismo "ás duras e ás maduras".


Lores, para dar ánimos aos seus compañeiros de partido, finalizou a súa intervención recordando que "se fomos quen de triunfar nunha praza tan difícil como Pontevedra podemos facelo en calquera concello da nación".


O acto, coincidindo co 25 de abril, rendeu homenaxe á Revolución dos Caraveis portuguesa entregando unha flor a cada asistente e cantando a coro o "Grandola, Vila Morena".

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE