Morre un home de 43 anos nun accidente de tráfico en Lalín
O 061 recibiu a alerta ás 12,09 horas e enviou ao lugar unha ambulancia asistencial, pero só se puido constatar a súa morte.
Un home de 43 anos cuxo nome responde as iniciais J.E.C. faleceu este xoves nun accidente de tráfico rexistrado na localidade pontevedresa de Lalín.
O 061 informa de que recibiu a alerta ás 12,09 horas e enviou ao lugar unha ambulancia asistencial, así como persoal sanitario do ambulatorio de Lalín.
O paciente, un home de 43 anos, foi atendido no punto, pero só se puido constatar a súa morte, segundo apuntan as mesmas fontes do 061 Urxencias Sanitarias.
Escribe tu comentario