#Claves de la semana

​O Tribunal Europeo de Dereitos Humanos condena a España por unha derriba en Sanxenxo

O fallo obriga ao estado a pagar 1.000 euros e 33.446 euros en concepto de impostos e outros gastos de honrarios aos demandantes. 


|


Derrumbamientoedificio


O Tribunal Europeo de Dereitos Humanos condenou a España por unha derriba dun edificio na localidade pontevedresa de Sanxenxo do que non avisou a dous propietarios.


O fallo, deste martes 10 de xaneiro, obriga ao estado español a pagar 1.000 euros e 33.446 euros en concepto de impostos e outros gastos de honorarios, a Alberto Aparicio N.R. e Ana María G.S.M., os demandantes, duns 70 anos e residentes en Madrid.


Ambos eran propietarios dun apartamento en Sanxenxo desde o ano 2001. Os feitos relativos a este procedemento iniciáronse en xullo de 2002, cando un veciño que vivía preto do seu piso presentou unha queixa ante o Concello para impugnar a legalidade da construción. Así, solicitou a súa suspensión.


En 2004, un xuíz do contencioso-administrativo de Pontevedra acolleu en parte o seu recurso sen decretar a demolición dos apartamentos. Esta sentenza non foi notificada aos demandantes.


Ese veciño, o Consistorio e o promotor das vivendas apelaron, e xa en 2007 o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) ordenou a demolición de varios apartamentos.


O fallo final de marzo de 2007 foi notificado aos demandantes en febreiro de 2009 polo Concello, que lles informou da anulación do permiso de construír ao promotor e do mandato de demoler varios apartamentos.


Os demandantes, nese momento, solicitaron a nulidade do procedemento e en setembro dese mesmo ano 2009 o TSXG rexeitou a súa demanda.


VIOLACIÓN DA CONVENCIÓN


No proceso en Europa, o Goberno defendeu que non se violou o dereito dos donos do apartamento a un xuízo xusto. Con todo, estes rexeitaron o argumento segundo o cal os seus intereses e os da administración serían sempre os mesmos.


A Corte europea, agora, estima que procede rexeitar as excepcións preliminares do Goberno e considera que houbo violación do artigo 6.1 da Convención.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE