O destino Galicia promocionarase este ano en 46 feiras turísticas de todo o mundo
En 33 certames internacionais e 13 nacionais, Turismo de Galicia dará a coñecer a oferta, os servizos e os produtos da comunidade.
O destino turístico Galicia será promovido este ano en 46 feiras sectoriais e encontros profesionais, cinco máis que o ano pasado. Así, Turismo de Galicia levará a oferta, os servizos e os produtos turísticos galegos a 33 certames internacionais e 13 nacionais.
Este feito, segundo precisou a Xunta nun comunicado, permitirá a promoción global da Comunidade galega nos distintos mercados mundiais.
Ao longo deste ano, Turismo de Galicia participará nos principais certames turísticos do mundo, entre os que destacan a Feira Internacional de Turismo de Madrid (FITUR), en xaneiro; a International Turismus Börse (ITB) de Berlín, en marzo; e a World Travel Market (WTM) de Londres, en novembro.
Escribe tu comentario