Aficionados do Dépor aparecen nun videoclip de Coldplay celebrando un gol
A banda británica pediu aos seus fans que gravasen o que pasaba "no seu recuncho do mundo" para unha película global que vén de publicarse.
A banda británica Coldplay pediu aos seus fans que gravasen o que pasaba "no seu recuncho do mundo" para un proxecto de película global que vén de facerse público a través da conta de facebook do grupo.
Neste vídeo de catro minutos, entre imaxes de diferentes lugares do mundo, aparece un moi familiar con figurantes locais: o estadio do Dépor, onde un grupo de aficionados celebra un gol do equipo herculino (minuto 2:42)
Deste xeito tan espontáneo, os fans do equipo branquiazul pasan á posteridade, como tamén o fai o "noso recuncho do mundo", nun vídeo que será reproducido millóns de veces, --polo momento xa leva máis de 3 millóns en día e medio--, e visto alén das nosas fronteiras, por persoas de todo o mundo.
Escribe tu comentario