#Claves de la semana

​Os dous novos álbums de Malandrómeda, discos do ano ex aequo para Rockdelux

A revista considera que "funcionan en perfecta simbiose de contrarios", representando o 'no future' no presente e, á vez, a Galicia máis colorista.


|

Malandromeda


Os dous novos álbums de Malandrómeda, 'Os corenta e oito nomes do inimigo' e 'Cada can que lamba o seu carallo' (Matapadre), publicados á vez en 2016, foron elixido discos nacionais do ano ex aequo na tradicional lista que publica Rockdelux no seu número de xaneiro.


Así, unha recensión de Marcos Gendre destaca este "díptico xenial" de Malandrómeda como "dous clásicos instantáneos que funcionan en perfecta simbiose de contrarios".


"Se 'Os corenta e oito nomes do inimigo' usa a retranca como verbalización do presente no future, 'Cada can que lamba o seu carallo' é a representación máis colorista dunha Galicia global", apunta a revista Rockdelux. Malándromeda tamén se atopa na categoría de cancións nacionais co seu tema 'VHS do futuro' (quinta posición).


Nesta lista, hai máis presenza galega con Triángulo de Amor Bizarro, pois o seu 'Salve discordia' ocupa o sétimo lugar entre os discos nacionais de 2016. Pola súa banda, o vigués Abraham Boba cóase no posto 14 co seu grupo León Benavente e o seu disco '2'.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE