Varias efemérides van influír este 2017 nas escollas dos lectores galegos
A Xunta volveu difundir un 'Calendario do Libro e da Lectura' entre as bibliotecas e librerías para "facilitar a planificación anual das actividades".
A secretaria xeral de Cultura difundiu o 'Calendario do Libro e da Lectura 2017' que se distribúe ás librerías e principais centros da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia para "facilitar a planificación anual das actividades culturais".
A Xunta, a través dun comunicado, destacou algunhas datas e acontecementos como o Día das Letras Galegas, que este ano se dedica a Carlos Casares; o centenario do falecemento de Eduardo Pondal; o 120º aniversario do nacemento de Eduardo Blanco Amor; ou os 100 anos da publicación da obra 'Da terra asoballada', de Ramón Cabanillas.
O departamento da Consellería de Cultura e Educación edita e difunde este recurso todos os anos co obxectivo de "promover o libro e fomentar a lectura".
Escribe tu comentario