Extinguido o incendio forestal en Carballeda de Valdeorras
En pleno inverno, o lume comezou antes das nove da mañá. Foi na parroquia de Casaio e queimou máis de 36 hectáreas.
O incendio forestal declarado na mañá deste mércores no termo municipal de Carballeda de Valdeorras (Ourense) quedou extinguido pola tarde tras queimar unhas 36,78 hectáreas de superficie.
Segundo informou a Consellería do Medio Rural, o lume comezou ás 8,40 horas deste mércores na parroquia de Casaio, no concello ourensán de Carballeda de Valdeorras.
As estimacións provisionais sitúan a superficie afectada por este incendio forestal en 36,78 hectáreas rasas, segundo indicou o departamento de Medio Rural.
Nos labores de control traballan dous axentes, dúas brigadas, unha motobomba e un helicóptero.
Escribe tu comentario