#Claves de la semana

Interrogan ao noivo, exnoivo e compañeiros de traballo da moza asasinada en Vigo

A moza de 25 anos foi atopada falecida á primeira hora da mañá deste sábado no portal do edificio no que vivía en Vigo | Sospeitan que se trata dun novo episodio de violencia machista


|

Avenidademadridvigo


Unha moza de 25 anos foi atopada falecida con signos de morte violenta á primeira hora da mañá deste sábado no portal do edificio no que vivía en Vigo, segundo informaron fontes próximas á investigación. O corpo presenta entre oito e dez puñaladas, segundo apunta La Voz de Galicia, no lado esquerdo do peito e no pescozo. 


En concreto, o seu corpo sen vida foi localizado sobre as 6,00 horas por un veciño, nun edificio da avenida de Madrid da cidade olívica. Ao parecer, a moza saíra a noite anterior a unha cea de empresa no Hotel NH, e ao sair do hotel mandoulle a súa nai un sms dicíndolle que voltaba á casa. 


Os investigadores averiguan se voltou soa ou acompañada, extremo que aínda non está confirmado. O que si se descarta é a hipótese do roubo posto que a rapaza só levaba 30 euros, aínda que si falta o seu móbil e a correa do reloxo de man estaría rota, o cal indicaría que se producíu forcexeo entre ela e o agresor. 


O seu vehículo atopábase aparcado enfronte do seu piso e os policías tamén están ao analizar. 


Sospéitase que se trate dun novo caso de violencia machista, despois do rexistrado este venres pola tarde en Santiago de Compostela, onde outra moza foi acoitelada pola súa exparella, que segue en busca e captura.


Ata o punto desprazáronse medios policiais, que investigan o sucedido, pero aínda non consta ningunha detención e os axentes están a investigar a súa contorna.


NATURAL DE BOQUEIXÓN


A moza é natural de Boqueixón (A Coruña), aínda que residía nese inmoble da cidade olívica, segundo informaron fontes próximas á investigación. Segundo o xornal La Voz de Galicia, a vítima acabaría de licenciarse en Enxeñaría e traballaba nunha empresa auxiliar de Citroën no Porriño. 


O rexedor da localidade, Manuel Fernández Munín, asinou este sábado un decreto de alcaldía condenando e lamentando a morte violenta dunha veciña do municipio natural da parroquia de Gastrar, achada morta no portal dun edificio na avenida de Madrid en Vigo esta madrugada.


Este documento, segundo informa o Concello nun comunicado de prensa, tamén recolle que se decretan tres días de loito oficial no municipio e a corporación municipal convoca a todos os veciños a unha concentración de repulsa o luns 19 ás 11,00 horas ante a casa consistorial.


A totalidade da corporación municipal vén de manifestar a súa "dor e incomprensión por este feito" e transmite o seu apoio á familia da vítima e as súas persoas achegadas.


INTERROGAN AO NOIVO E EXNOIVO


A Policía está a interrogar ao noivo, o exmozo e compañeiros de traballo da moza. Os axentes, ademais, tratan de pescudar se a moza chegou onte á noite ao seu edificio soa ou acompañada, despois de participar nunha cea de empresa. Traballaba nunha auxiliar de automoción no Porriño.


CONDENA DA XUNTA


A Xunta expresou a súa "máis enérxica condena" ante os dous últimos casos de violencia contra as mulleres, o que aconteceu este venres en Santiago e o desta madrugada en Vigo. 


"A Xunta condena, unha vez máis, este tipo de actos de violencia contra as mulleres e traslada a súa pesar e o seu apoio ás súas familias", en alusión ás dúas mulleres agredidas.


A continuación, o Goberno galego fixo un chamamento á sociedade para que se rebele contra a "repudiable secuela" da violencia de xénero e, "entre todos", poder finalizar con este tipo de actos.


E para alcanzar a "plena erradicación" deste problema público e social de primeira orde, pediu ás mulleres que son vítimas de malos tratos que denuncien para que se lles poidan prestar as axudas necesarias, tanto a nivel de protección policial como a nivel económico, e así poder axudarlles a romper coa situación de violencia na que están inmersas.


A este respecto, a Xunta lembrou que as vítimas teñen á súa disposición o teléfono 016, un teléfono gratuíto que garante a confidencialidade porque non deixa pegada na factura telefónica.

relacionada Ferida moi grave unha moza en Santiago supostamente apuñalada pola súa exparella
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE