#Claves de la semana

​As ganderías de Feiraco, as primeiras galegas certificadas por Aenor en Benestar Animal

As explotacións que producen o leite Unicla veñen de ser distinguidas en base á alimentación, aloxamento, estado sanitario e comportamento. 


|

Feiracogananderia


As explotacións que producen leite Unicla, de Feiraco, son as primeiras galegas certificadas pola Asociación Española de Normalización e Certificación (Aenor) na categoría de Benestar Animal.


Así o informou Feiraco, que explicou que este certificado de conformidade (Aenor Conform) únese ao de calidade ISO 22.000 en Europa que "xa distinguía ás granxas pola sustentabilidade dos seus métodos, procesos e produtos".


Esta nova certificación, na que as explotacións de Unicla "son unha vez máis pioneiras", segundo destaca Feiraco, responde o feito de que o benestar animal "non só constitúe unha parte da política de responsabilidade social, senón que tamén ten un impacto positivo na calidade do produto".


Este novo modelo de certificación avalía, ademais das instalacións, diferentes parámetros dos animais, baseados en catro principios, como son alimentación, aloxamento, estado sanitario e comportamento (estado emocional e relación humano-animal positiva), segundo indicou Feiraco.


O Aenor Conform está baseado no referencial europeo 'Welfare Quality', que ten como obxectivo harmonizar a preocupación social e as demandas de mercados para desenvolver sistemas fiables de seguimento en granxas, de información sobre produtos e de mellora en benestar animal.


Este certificado, unido a recoñecementos como o Primeiro Premio Europeo á Innovación Cooperativa a Unicla, "resume a sustentabilidade dos métodos, procesos e produtos; e que se traslada ao benestar animal, respectando os principios de provisión de estabulación, comida, auga e coidados adecuados ás necesidades fisiolóxicas e etolóxicas dos animais", valorou Feiraco.

relacionada ​A unión de cooperativas liderada por Feiraco chamarase CLUN
relacionada O SLG reclama que os etiquetados da orixe do leite "sexan claros"
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE