Os galegos gastaremos uns 74 euros de media nas compras deste Black Friday
Segundo unha enquisa, esta fin de semana de descontos van saír a comprar o dobre de persoas ca o ano pasado.
Os galegos gastaremos uns 74 euros de media no Black Friday, menos que a media española, que se sitúa ao redor dos 76 euros por persoa, segundo informa Ticketea.
En concreto, duplícase o número de cidadáns galegos que comprarán nesta fin de semana de descontos respecto ao ano pasado, xa que o 41% dos consultados afirman que realizaron adquisicións en 2015, pero en 2016 farano o 95%.
Dos cidadáns galegos que fixeron compras nestas datas en 2015, o 39% comprou produtos tecnolóxicos; os 28% libros, películas ou discos; e unhas 23% entradas.
Escribe tu comentario