#Claves de la semana

​O PSOE pide impulsar os trámites para declarar a Ribeira Sacra Patrimonio da Humanidade

Contribuiría ao desenvolvemento económico e ambiental da contorna, nunhas provincias "cun grave problema demográfico" e "un alto índice de envellecemento".


|

Ribeirasacra2


A deputada do PSOE por Lugo no Congreso, Margarita Pérez Herráiz, demandou ao Goberno que, en colaboración coa Xunta, impulse os trámites para que a Ribeira Sacra sexa declarada Patrimonio da Humanidade pola Unesco.


Para iso presentou unha iniciativa parlamentaria na que lembra, segundo un comunicado de prensa, que esta zona comprendida entre as provincias de Lugo e Ourense está incluída na Lista de Patrimonio Mundial desde 1996.


É por iso que pediu ás administracións central e autonómica "que se impliquen dunha vez", pois este recoñecemento para a Ribeira Sacra tería "unha importante repercusión" para o mantemento dunha área "cun alto valor paisaxístico e ecolóxico".


Así mesmo, a xuízo de Pérez Herráiz, a declaración de Patrimonio da Humanidade contribuiría ao desenvolvemento económico e ambiental da contorna, nunhas provincias "cun grave problema demográfico" e "un alto índice de envellecemento".


"A declaración da Ribeira Sacra como Patrimonio da Humanidade sería un gran apoio para o desenvolvemento da zona e a fixación de poboación da mesma", agregou a socialista lucense, sen deixar de criticar "a falta de implicación do Goberno e da Xunta".

relacionada A Ribeira Sacra, protagonista do primeiro Trail da contorna
relacionada ​Nace a marca Enoturismo Galicia, que reúne catro das denominacións de orixe
relacionada ​A A-76 podería comprometer a declaración da Ribeira Sacra como Patrimonio da Humanidade
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE