#Claves de la semana

​Intoxicados cinco membros da mesma familia por inhalación de monóxido de carbono

Os dous adultos e tres menores foron trasladados ao hospital tras inhalar monóxido de carbono polo mal funcionamento dunha caldeira. 


|

Hospitalcamilladoctor


Cinco persoas dunha mesma familia, tres adultos e dous menores, foron trasladados esta noite polos servizos sanitarios a un centro hospitalario tras inhalar monóxido de carbono debido ao mal funcionamento dunha caldeira, segundo as primeiras investigacións.


Segundo informou o CAE 112 Galicia, o suceso ocorreu sobre as 1,00 horas da madrugada, cando o servizo de Urxencias Médicas alertou de que había persoas afectadas por monóxido de carbono nunha vivenda situada na rúa Polideportivo, en Lalín.


Tras iso, o CAE 112 avisou aos aos Bombeiros do Deza e solicitou a colaboración dos efectivos da Policía Local e dos efectivos do GES e de Protección Civil de Lalín.


Os Bombeiros, nada máis chegar ao domicilio, fixeron as correspondentes medicións e confirmaron que o mal funcionamento da caldeira puido ser a causa que orixinou o malestar dos afectados.


ATROPELO EN VIGO


Unha moza de 21 anos de idade resultou ferida grave tras ser atropelada por un mozo de 22 de anos, que viaxaba nun ciclomotor xunto con outra persoa, na parroquia viguesa de Teis.


Segundo informaron fontes da Policía Local, o accidente tivo lugar sobre as 19,00 horas do luns, á altura do número 75 da rúa Coutadas, en Teis. O motorista atropelou á moza fose do paso de peóns, que quedou ferida grave, mentres que o condutor do ciclomotor e o seu acompañante resultaron feridos leves.


Os axentes que acudiron ao lugar do sinistro sospeitaron que o condutor da moto podería estar baixo os efectos de sustancias estupefacientes, polo que se lle realizou o test de drogas. A proba deu resultado positivo en THC (tetrahidrocannabinol).

relacionada ​Dous intoxicados en Pazos de Borbén pola mala combustión dunha cociña de leña
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE