El fiscal pide prisión permanente revisable para el parricida de Moraña
É a primeira pena deste tipo que se pide en Galicia. Considérase autor da morte des súas fillas de 4 e 9 anos.
O fiscal Alejandro Pazos, que leva a causa do dobre crime das nenas de Moraña (Pontevedra), solicitou que o presunto autor destes feitos, David O.R., sexa condenado á pena de prisión permanente revisable polo suposto asasinato das súas dúas fillas de 4 e 9 anos de idade.
Tal e como confirmou Europa Press, o Ministerio Público considera ao home autor de dous delitos de asasinato cualificado pola aleivosía e agravado polo parentesco e polo feito de que as vítimas eran menores de 16 anos.
Ante todas estas cuestións, solicitou que se lle impoña a pena de prisión permanente revisable, a primeira destas características que se pide en Galicia por tratarse dun crime "especialmente grave".
En concreto, a David O.R. considérase autor da morte, a finais de xullo de 2015, das súas dúas fillas na súa vivenda de Moraña, para o que utilizaría como arma unha serra radial. Tras iso, o home auto infrinxiuse feridas, polas que foi trasladado ao Hospital de Montecelo, sendo dado de alta unhas horas despois.
Despois de pasar o día seguinte a disposición do Xulgado Mixto número 1 de Caldas (Pontevedra), decretouse o seu ingreso en prisión provisional comunicada e sen fianza, investigado por dous supostos delitos de asasinato, na liña coa medida solicitada naquel momento polo fiscal da causa.
Escribe tu comentario