#Claves de la semana

​Xulio Ferreiro: "Gobernos de coalición que son un 'guirigai' temos abondos"

O alcalde da Coruña recoñece que "nalgún momento nós tampouco fixemos as cousas ben" para superar a "fricción importante" co PSOE.


|

Xulioferreiro 3


O alcalde da Coruña insistiu na negativa a que os edís socialistas entren nun goberno de coalición. "O exemplo témolo en Ferrol. Ou hai unha variña máxica para que alguén pense que cando un entra no goberno todo son flores e bolboretas?", cuestionou. Así, recoñeceu non ter "garantías" de que puidese funcionar a proposta do PSOE coruñés e afirmou que "experiencias de gobernos de coalición que son un guirigai temos bastantes".


Nunha entrevista na Radio Galega, Xulio Ferreiro recoñeceu que "houbo momentos onde deberiamos ter falado máis cos outros grupos", pero o "punto de inflexión" para as malas relacións cos socialistas foron os orzamentos do 2016 (aprobados en xuño), nos que o PSOE chegou a acordos co PP antes que coa Marea Atlántica. "Iso doeume moito e provocou un punto de fricción importante", dixo o alcalde.


Ferreiro ve como "sorprendente" que, meses despois, chegase esa proposta, á que o alcalde asegura que "non se dixo que non, senón que había que crear relacións de confianza: deámonos un tempo, imos traballar xuntos, demostrarlle á xente que podemos traballar xuntos", reclamou. Xustifica que sen ese clima non serán quen de convencer aos inscritos na Marea Atlántica, entre os que deben convocar un referendo.

relacionada ​PSOE e Ferreiro non acercan posturas
relacionada ​Ferreiro no ve "un clima de confianza" para que el PSOE entre en el gobierno
relacionada Proposta de coalición na Coruña
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE